.
..........EX CATHEDRA
. |
 |
AUTÉNTICAS E VERDADEIRAS HISTORIAS
José Carlos Bermejo Barrera
Seguindo o modelo de historias satíricas escritas dende o século XVIII, o autor, un dos máis reputados intelectuais galegos na actualidade, pasa revista nun ton satírico e ameno a elementos fundamentais da historia da humanidade e da historia de Galicia, parodiando e cuestionando as grandes institucións sociais, a cultura, a filosofía ou a relixión.
ISBN: 978-84-936613-8-0
Ano de edición: 2009 190 páxinas
PVP: 16,95 € |
 |
SOCIEDADE E RELIXIÓN NA GALICIA ANTIGA
José Carlos Bermejo Barrera
Neste libro recóllense as investigacións do autor, reputado especialista e renovador deste tipo de estudos, acerca de diversos temas que atinxen a campos tan interesantes como a sociedade e a relixión da Galicia castrexa e romana.
ISBN: 978-84-936613-2-8 Ano de edición: 2008 190 páxinas PVP: 19,95 €
|
 |
LENDAS CASTREXAS. Antropoloxía da tradición oral no concello de Lalín
Xoán Carlos García Porral
Os lectores desta obra teñen a oportunidade de navegar, dunha forma ordenada e consecuente, por ese fascinante mundo ateigado de lendas marabillosas que protagonizaban os moradores dos castros e que os nosos antepasados foron creando dun xeito insconsciente durante séculos.
ISBN: 978-84-936613-7-3
Ano de edición: 2010 132 páxinas
PVP: 14,95 € |
 |
O VALOR DA ARQUEOLOXÍA
José Carlos Bermejo Barrera Mar Llinares García Neste título reúnense unha serie de artigos nos que os dous autores cuestionan a práctica dunha arqueoloxía que limita o labor do especialista á suposta ‘posta en valor’ de achados e xacigos. Pola contra, aquí lembrase que a función prioritaria da ciencia arqueolóxica é o estudo das súas fontes, a cultura material, un ben común que non produce beneficios económicos senón outros de valor ben distinto.
ISBN: 84-934240-6-4 Ano de edición: 2006 200 páxinas PVP: 14,95 € |
 |
A VIDA COTIÁ NA GALICIA ROMANA
Ana Suárez Piñeiro Neste traballo faise un percorrido polos aspectos da vida diaria da Galicia romana. Os protagonistas son as xentes da época, a partir do estudo de elementos do seu día a día como: a dieta, o adorno persoal, a vestimenta, os oficios, a vivenda, os xogos, a morte…
ISBN: 978-84-934240-8-0 Ano de edición: 2006 240 páxinas PVP: 19,95 € |
 |
XENOCIDIO E REPRESIÓN FRANQUISTA EN GALICIA
Antonio Miguez Macho
A Guerra Civil e a posterior represión na España franquista son un capítulo fundamental da nosa historia máis recente. Partindo do coñecemento dos datos o autor trata de demostrar que o concepto de represión non é adecuado para designar o que pasou na Guerra Civil. Pola contra, trataríase dun verdadeiro Xenocido, perpetrado polos vencedores da Guera, que ademais se encargaron de ocultalo e de negalo.
ISBN: 978-84-936613-1-1 Ano de edición: 2009 171 páxinas
PVP: 16,95 €
|
 |
MODERNIZACIÓN RURAL E TRADICIÓN CULTURAL. UN ESTUDO ANTROPOLÓXICO DE GOIÁS (LALÍN)
Xoán Carlos García Porral
Neste traballo, centrado na parroquia lalinense de Goiás, faise unha análise da modernización á que nos últimos 40 anos se veu sometido o seu sector agropecuario e dos cambios que esta supuxo en distintos ámbitos económicos, sociais e culturais.
ISBN: 84-935696-6-2 Ano de edición: 2008 288 páxinas PVP: 19,95 €
|
 |
A GALICIA CELTA
Antonio Balboa Salgado Foi Galicia un país celta? No século XIX o celtismo serviu de base para a construción da identidade galega. Progresivamente desprestixiado ao longo do século XX, nos últimos tempos novas liñas de investigación teñen actualizado o seu estudo. Neste libro divulgativo preténdese, desde o rigor e cun estilo claro e accesible, achegar aos lectores todo o que se pode coñecer hoxe en día sobre a 'cuestión celta' en Galicia.
ISBN: 978-84-935696-0-0 Ano de edición: 2007 312 páxinas PVP: 19,95 € |
 |
EL MERCADO DE TRABAJO EN ESPAÑA
AA.VV.
El contenido del libro, que tiene su origen en las contribuciones a un curso de verano de la Universidad de Santiago de Compostela en 2008, se acerca a la cara menos positiva de la evolución reciente del mercado de trabajo en España, como la discriminación laboral y salarial, la situación laboral de la población inmigrante o la siniestralidad laboral, entre otros temas de actualidad.
ISBN: 978-84-936613-4-2
Ano de edición: 2009 240 páxinas
PVP: 19,95 € |
 |
A GALICIA CASTREXA
Javier Rodríguez Corral
A cultura castrexa é un dos temas máis populares de toda a Historia de Galicia. Neste libro, que parte dun rigoroso estudo dos seus distintos ámbitos, trátase de acadar unha síntese que aborde no seu conxunto tanto o estudo dos castros como dos aspectos máis salientables da sociedade que habituou neles: a relixión, a economía, a guerra ou a vida cotiá.
ISBN: 978-84-936613-3-5 Ano de edición: 2009 240 páxinas
PVP: 19,95 €
|
.
. |